terça-feira, 30 de novembro de 2010

Teoría do caos

Negábase a ver a noite como outra cousa que non fose un sistema caótico. Porque nela non hai forma de relacionar as súas variables por medio de ecuacións lineais, nin é posible predicir o que vai suceder. Como proba deste comportamento caótico preguntoulle se non era certo que o máis mínimo erro na determinación dos datos iniciais, o menor argueiro, un autobús perdido, alguén que chega a un restaurante un minuto despois de que ela marchara, provocaría que xa non nos encontrasemos xamais. Só admitiu a posibilidade de que tal vez fose a vida enteira, o mundo, e non soamente a noite, o que se rexe pola teoría do caos.
Marilar Aleixandre, Teoría do caos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário