quarta-feira, 2 de junho de 2010

"La vida es una tómbola"



Teño unha amiga que adoitaba levar unha chapa na que se le "La vida es una tómbola". Azar, enganos e abundantes malas músicas.  As veces o azar engatúsanos e fainos crer que é el o que leva a batuta. Recórdanos que segue aí.
Contadas ocasións.
Nunca me gustaron os xogos de azar. Saídas coas que por uns instantes pretendes cederlle o protagonismo ao azar para librarte do peso dunha obra de arte. A túa vida. Pero es ti o xefe, o protagonista e o artista. E poderás enganarte en centos de asuntos, pero non neste.

Um comentário:

  1. Ui, ui, ui... que esta entrada pasáraseme sen ler cando lin a posterior! Que mágoa para min!: as túas verbas soan doces para os meus oídos e leo gostoso esta actualización.

    Percibo que tocas temas moi fondos aquí, temas que eu non sabería moi ben agarralos con palabras, mais ti bordáchelo. Parabéns!

    Acredito de que o azar non existe, somos nós quen o creamos para evadirnos da responsabilidade.

    ResponderExcluir