
Imaxinade un monton de risas e diversión enlatadas mezclado coa maior das miserias. En resumén iso é o recinto da Oktoberfest. Un lugar onde unha xente parece extremadamente feliz e despreocupada mentres outra fica tirada no chan, en estado catatónico e cos ollos en blanco, cando xa a acadaron a madurez da súa vida.
Os novos sorrín, os vellos verdes intimidan ás rapazas mentres o garda de seguridade lle ríe a gracia ao baboso. Os pequenos teñen que coidar dos maiores e os maiores dos seus non tan pequenos. As parellas non atinan a darse bicos nos beizos e acaban por chuparse un ollo ou o nariz. Os gordos mercan salchichas de medio metro e os delgados de un. Os nenos montan nas cuantiosas atraccións mentres o seu bébedo pai os tira polo aire coma se fosen bonecos. Todo un mundo de contrastes.
Cando o sol decide marchar para non ver máis ese espectáculo, a xente vai a festas nas que o mellor espírito alemán renace. Todos ríen, bailan e cantan, vestidos con traxes rexionais e perfumados con litros de cervexa. E de súpeto parece que o desastre de antes nunca existiu, que a xente do chan nunca estivo alí, que a nai intentando que a súa filla non caera nun coma etílico nunca tivo que pasar por iso, que no recinto ferial non había vómitos, nin vellos verdes nin xente en perigo...
E así un pequeno grupo de erasmus españois, deixamos de lado a miseria na que nos vimos involucrados durante a tarde, e pasamos a disfrutar durante a noite, como a nós máis nos gusta, dunha festa típicamente a alemana, a súa mellor maneira.
A Oktober ten as súas cousas boas e malas, pero o que é seguro, é que é algo digno de ver, que a ninguén deixará indiferente.
ai madre, eu esperaba a oktoberfest doutro xeito...non me das moitas razóns para visitala eh!
ResponderExcluirsigue informando^^
é moi divertida en canto a facer cousas alemanas, a música típica e a xente cando está animada. Bailan enriba das mesas cos traxes típicos, cantan, mezclanse novos e vellos e eso mola, porque ata son majos e todo. O malo é que hai moitos alemáns que de verdade non saben beber, vólvense super primitivos, e beben ata caer e acabar no estado máis lamentable que tiña visto nunca, vomitón é un principiante ao seu lado, vamos... jaja!
ResponderExcluirNós pasámolo moi moi ben,pero non é para nada o que a xente espera, polo menos o que eu esperaba. A proba é que para que eu me escandalizara de canto beben, despois de tanto botellón como tiñamos visitado o ano pasado, san pepe, san teleco, etc, imaxínate como é a cousa...
Pero é algo que tedes que visitar algunha vez na vida e a ver que vos parece a vós :-)))
cóntame cousas de polonia iruskis!:-)))
pd: vou durmir, inda non durmín nada:-ssss!
aiii que suertuda :) de bologna partiu un grupo a Oktoberfest eu vinos cos gorros ;) se cadra en breve animome e fago un blog que por aqui tamen hai que contar.. menudo finde levamos ;) un biquiño traductoras!!!
ResponderExcluirFAI UN BLOG NERE!!!!!! Dende Leipzig se te esixe que fagas un blog!^^
ResponderExcluir1 biquiño amore!
me gusta que me leas... pues nada, te acosaré a ti también! jaja =)
ResponderExcluirqué tal por ahí?