terça-feira, 29 de setembro de 2009

Voyeurs non, pero tolos...


Como esto siga así o meu blogue non se nutrirá máis que de bises, mais a ocasón o merece. O que é ser nova nun país...
A cousa é que despois dun día chuvioso descansando dunha odisea de papeis e matrículas que durou case 10 horas, sobre as 7 da tarde, estando nós tan tranquiliñas no, agora xa, noso piso, alguén chama a porta.
Despois duns minutos escoitando un barullo de palabras descoñecidas para min, acabo dicindo: Ich verstehe kein Deutsch,do you speak english, ou algo así, que ven a dicir que non teño nin papa de alemán, que me falen en inglés.
A muller que estaba ao interfono, moi amable ela, accedeu, e comezou a contarme un rollo acerca de Spanisch und Portuguesisch. E a que escribe, sempre tan ilusa, chegou a pensar que era alguén que nos viña axudar co alemán ou algo así, e lle dixo que se tiña algún teléfono de contacto ou algo así que nolo dera, e xa falaríamos. Ao que a amable muller, contestou: No, no, I only want to talk to you about god and the bible...

Hai que joderse! De aí a un minuto aproximadamente que lle estiven dando evasivas, acabei por colgarlle,pensando: Carallo, serán os salesianos que me veñen reconvencer ata Alemania. Inda que co percal que temos atopado nesta odisea de cidade, ben poderían ser ata os hare krishna.

Parece ser que a chegada do inverno a este lugar non aplaca a súa demencia, así que haberá máis entregas, deso estou segura.

HERZLICHE GRÜ3E GALEGOS!

2 comentários:

  1. ánimo parrula, xa falta menos, e tenme coidado de non caer en falsas ideoloxías... o Cristianismo é a única relixión verdadeira, non te esquezas!!!

    quérote

    ResponderExcluir
  2. Anda que non o debes estar pasando ben aínda con todo eh? moitos chuchiños pequena!!

    ResponderExcluir