Ay a vida xermánica e os seus intríngulis... O último que crin que me pasaría en plena Alemania era atopar unha vivenda tan chea de merda como a discoteca de moda de calquera vila ás 8 da mañá. Por primeira vez din cun vater negro, negro polo po que tiña! Que xa é dificil!
Despois de armarnos de valor eu e as dúas garridas mozas galegas que me acompañan na aventura, puxémonos de limpeza... ata que topamos de morros coa parte máis escatolóxica da vida alemana.
Debe estilarse por aquí eso de ter a escobilla do vater chea de merda, literalmente, e parece ser que tamén se debe estilar levala para a túa casa, así, chea de recordos das túas tripas, porque a alemana que ata agora vivía connosco pero que mañá xa abandona o piso, pretendía facelo. Ou eso comecei a crer, cando a súa santa, e tamén xermánica e malumorada nai (que veu axudar a recoller a súa pequena yogurina, probablemente 5 anos maior ca nós e cun incipiente sobrepeso), se achegou a nós como unha furia sinalando a onde antes había una noxenta escobilla, coido que nos estaba a preguntar (botar a bronca) por ela, aínda que o meu alemán sexa paupérrimo.
Ante estas situación unha non sabe que facer, se dicirlle que a colla directamente da basura con máis merda de regalo, ou mandala a tomar polo cu (nunca mellor dito). O que si me queda claro é que, definitivamente, non entendo aos alemanes. Isto en Galicia non pasa, eh!
hoxe a dona do piso onde nos hospedamos ata mañá intentou botarnos un día antes...eu tampouco entendo ós polacos alba. volvamos!!
ResponderExcluirvaia mociña! si que transgrede isto que contas a visión que temos d@s alemás... igual é que só son cívicas de portas para fóra...
ResponderExcluirxa o di o refrán, ante la duda... Galicia calidade