sábado, 20 de março de 2010

Limitada pola linguaxe

De cando o absurdo comeza a ter máis sentido que o resto das cousas, o malo chega a ser bo, as consecuencias son gratas e as distancias desaparecen.
Non me gusta dicir perfecto, perfecto é relativo, depende de cada ser, sempre se pode mellorar, dicir perfecto limítame. Pero hai veces que non me queda máis remedio, agachar a cabeza e recoñecercho, coa vergonza de saber que me quedo curta, é perfecto. Non é o adxectivo adecuado por miles de razóns, pero coido que non atoparei ningunha outra verba que defina do que che estou a falar. Non te preocupes, temos toda a vida para atopala.

Nenhum comentário:

Postar um comentário