sexta-feira, 30 de outubro de 2009

En mañás como a de hoxe, despois de espertar grazas á claridade, almorzar e facer uns cantos recados, abro a ventá, boto medio corpo fora, acabo de liar un cigarro, o prendo e pecho os ollos. Nese momento a miña pel e o meu cerebro fan un pacto e deciden alegrarme o día. E comezo a confundir o sol alemán co ourensán, o vento de leipzig co galego e seméllame estar na ventá da miña cociña tomando o fresco nun día de primavera. Seméllame que vou ir pasear á beira do Miño nuns momentos e que a única tarea que ocupa o meu día e adicarche un café.
E sabes que? Cando abro os ollos me decato de que o impacto foi tan forte, de que o meu subconsciente funciona tan ben, que a tristeza queda presa nunha habitación con candado da que non vai poder sair ata que chege a noite.

Pecho a ventá e comezo a pensar en cal pode ser o meu disfrace de Halloween, pero, de que se pode disfrazar unha cando o que máis medo te da é o teu propio interior?



2 comentários:

  1. Prégoche que non volvas facer iso... o que escribiches a medida que ía lendo o ía sentindo... xa non é só o cigarro, que me entraron ganas de fumar un de súpetó, senón que esa sensación de tentar 'botalo' todo pola ventá tamén me invade en ocasións, coa pequena diferenza que eu non miro Alemaña por ela que miro Vista Alegre. Mais para min, de alegre non ten nada...

    ResponderExcluir
  2. que bonito alba! encantame como escribes que ganas teño de verte miña nena.. un bico enorme e moito ánimo!

    ResponderExcluir