Só se podería calificar de estraña a sensación de ter o corpo nun lugar e o corazón noutro. Probablemente todos o teremos sentido ou sintamos algunha vez nas nosas vidas, mais eu nunca o sentira con tanta intesidade ata o de agora.
Leipzig é precioso, ecléctico, moderno e plural,é unha cidade única. Pero non ten os bares de Ourense, non ten os antros de tapas de Compostela, non están os nosos carballos e castiñeiros, non temos un río tan bonito como o Miño nin un océano tan grande como o Atlántico. A xente é moi aberta, pero carece da retranca galega, e o tempo é bo, pero o osíxeno que respiro non é máis que simple osíxeno xermánico, que non da vida, como o galego, senón que simplemente mantén os restos de vida cos que contas.
Mañá imos subir a unha torre de 29 pisos, a máis alta da cidade, e dende alí vou intentar ver Galiza, a miña terra e os cachiños de corazón que me faltan aquí, que os tedes vós...
Inda así, non me arrepinto de estar aquí, como dicía meu avó: nunca mires atrás, tira sempre para adiante.
Que lindo! encántame, e a foto de Bach fíxome rememorar as súas suites, especialmente a nº1, cuxo preludio é unha das miñas pezas musicais favoritas. Cando esteas morriñenta podes escoitala, o teu corazón tamén o fará e encherase de enerxía para seguir aí o tempo necesario.
ResponderExcluirDesexo que vexas Galiza, eu mañá mirarei a ver se te vexo no alto do "eficiño"...
T'estimo molto