quarta-feira, 1 de setembro de 2010

Inciso


Milleiros de salas de mutilación especialmente creadas para o xénero feminino. Contan con publicidade maquiavelicamente dirixida á muller, deseñada, protagonizada e sufragada, en moitos casos, por mulleres. Non se decatan de estar trenzando a soga que máis tarde as afogará.

De que pensades que estou a falar?

Só me queda dicir: precísanse Simones, Marys, Amelias, Teresas… A recompensa será incalculábel.

Um comentário:

  1. A mellor entrada que lin en moito tempo...
    Verbas cargadas de carraxe e contido.

    Que diría Nietzsche? "Quen con sangue escribe máximas non quere que se lea, senón que se aprenda de memoria". Velaí un texto para aprendermos de memoria.

    Parabéns! e grazas por este agasallo que é a túa entrada

    ResponderExcluir