sábado, 10 de outubro de 2009

Lichtfest

Fai 20 anos a xente desta cidade demostrou que o poder é do pobo, e a día nove de outubro do 2009 atópome aquí, en Leipzig, celebrando co resto dos alemanes a Lichtfest, a revolución pacífica. Nestas mesmas rúas polas que agora pisan os meus zapatos ocorreu algo marabilloso. Tras décadas de medo e represión a unión da xente fixo a forza. E despois de deixar á represora policía coa boca aberta, cando viron unha enorme multitude camiñando pola rúa con candeas na man a modo de demostración de que a súa protesta era pacífica, despois deste acto tan bonito, xusto un día despois, dimitiu o xefe de estado da antiga RDA, Erich Honecker, e tras un mes de espera e esperanza, caeu o muro de Berlín.

Esta tarde en todo Leipzig volveu resoar o "Wir sind das Volk" ("Nós somos o pobo"), volveron camiñar polas mesmas rúas as persoas que o fixeron hai vinte anos, as candeas iluminaron de novo a cidade, e todo esto con tres galegas no medio, participando da ilusión que se reflexaba nos rostros dos cidadáns, e facendo todas as preguntas que se lles planteaban.


Hoxe, presenciei, por fin, o mellor dos espíritos alemanes, ese que viña buscando. O amable, educado, vital, emocionado, intelixente e divertido. E sobre todo, a incrible e estupenda sensación de que isto é algo que recordarei toda a vida, algo trascendental no que nunca, nos meus 20 anos de existencia, crin poder participar. Os camiños da vida son misterio, só pido que os meus continúen dándome estas gratas sorpresas.

http://www.youtube.com/watch?v=YzmdkEBeDWw

2 comentários:

  1. que historia tan bonita, espero que non te esqeuzas xamais das sorpresas que che poden chegar a dar as xentes alemás!

    bicazos

    ResponderExcluir
  2. ai, que bonito, só che queda ir o 9 de novembro a Berlin a celebrar os 20 anos da caída do muro! =)

    ResponderExcluir