domingo, 25 de outubro de 2009

.Escaravello.

Non se descubría nas formas, non se recoñecía no máis sagrado, na música. Non podía aturar ningún tipo de son. Palpábase no espello, buscábase e atopaba baleiro.

Véxote como sempre, lle dicía ela, a metamorfose moraba nunha parte tan fonda que nin cunha pa, escarvando as poucas vísceras que inda quedaban intactas no seu canso corpo, daría con ela.

E non a podía parar, o máis banal, fornecedor da felicidade vital, esqueceu unha parte no avión, e xa non significaba nada. Nada tomar un café, nada escoitar unha canción, nada dar un paseo, nada fumar un cigarro…

E se preguntaba se chegaría nalgún momento o segundo en que nada, significara nada de verdade.


2 comentários: