
Esta é unha mensaxe para todos aqueles ilusos e despreocupados estudantes que algún día decidiron ir de erasmus.
Non confiedes na ORI da vosa universidade, NUNCA!
Este extraño ser, que non serve para nada ata que te complicas a vida cun erasmus, é malvado, pérfido, e probablemente intente destruir as vosas ganas de vivir. Sede fortes!
E coa facultade, outro tanto.
Quedades advertidos, facédeme caso se non queredes acabar tan tola como a que escribe.
onde andas?? estás ben, a chegada foi ben? non estarás baixo unha ponte, ou?
ResponderExcluir